Acoso escolar

Onte, a través da radio, souben dunha noticia tráxica que moito me afectou, isto é, o enterro dunha nena de dezaseis anos que se quitou a vida. Cursaba 2º da ESO no IES Juan de Ávila de Ciudad Real e a súa morte, ao que parece, é resultado do chamado acoso escolar ou buylling. Esta nova chega moi logo de que Amanda Todd, unha rapaza canadense de 15 anos, tamén se suicidase logo de pedir axuda a través de un vídeo en Youtube.

     Sei que o asunto desta anotación non é un apuntamento de libros nin lecturas; mais enténdoo  hoxe como máis relevante porque fala dunha vida segada diante do que cómpre que docentes e non docentes, a sociedade educativa sobre todo, reaccione con convicción e rapidez. Ou é preciso agardar máis mortes? Talvez este impactante vídeo que vin hai tempo,  titulado “Losers”, poida axudar a reflexionar arredor desta realidade [vía everyone]