Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro en Ourense

O vindeiro luns, 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, presentarase  Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Nese espazo tan querido por min, e que sempre me fai pensar en Marcos Valcárcel,  acompañaranme Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Ferreiro e  Manuel Bragado. Ademais, como peche, actuará a miña amiga  María do Ceo, acompañada de Pepe Salgado. Moitas grazas.