Actos Celso Emilio Ferreiro neste Ano do Centenario

Participei nas últimas semanas en diversos actos por Galicia adiante, todos eles moi satisfactorios para min  e que, coas súas singularidades respectivas, estiveron vinculados quer coa biografía sobre Celso Emilio, como a emotiva presentación da mesma no Liceo de Ourense, con Manuel Bragado, Luís Ferreiro e X.C. Domínguez Alberte, xunto coa miña admirada María do Ceo e mais Pepe Salgado, co que conclúen as presentacións programadas do devandito libro;  quer con actividades relacionadas coa difusión da súa figura en Marín (grazas a Ana Acuña e Ángel Carragal), Compostela (grazas a Cesáreo e Mercedes) ou como o que se desenvolveu na tarde de onte diante do alumnado da EPA – Berbés (na foto superior) grazas á invitación do meu amigo  Celso López Pazos, onde me conmoveu a atención e o interese que suscitou a figura de Celso Emilio Ferreiro nun auditorio moi numeroso, de diferentes idades e distintas nacionalidades. Beizón a quen fixeron posible todos estes actos, nos que un tanto aprende.