Dei cun recurso didáctico que me ocupou moi interesado durante un tempo e ao que lle recoñezo moitas posibilidades. Sei del a través do blog da biblioteca do IES Río Cabe e trátase dunha proposta interactiva, a xeito de test, vinculada con aspectos biográficos e literarios de Celso Emilio Ferreiro e moi ben artella. A anotación, titulada “Viaxe ao… interior de C. Emilio Ferreiro”, pódese consultar premendo aquí ou aquí. Dá xenio ver traballos deste tipo. Moitos parabéns a quen o idearon.