Literary Randomness (The Literary man) é un blog xestionado en Nova York polo que paso con certa frecuencia. Malia o seu nome, os apuntamentos que máis me interesan polo xeral son os que subscribe The Verbal Vixen, se non estou errado unha muller de letras. Non sei se ela sería a responsable dun que moito me gustou e que traduzo a seguir:
Cando estás a pensar: “resulta TAN duro para min escribir / pintar / cantar / erguerse cedo pola mañá” lembra esta fotografía de Pierre Auguste Renoir, termando do seu pincel coa esa man tan visiblemente artrítica e extenuada, PINTANDO AÍNDA”.