Iolanda Zúñiga supón, para min, unha das grandes voces, das máis frescas, desprexuizadas, intensas e anticonvencionais, dos últimos anos da nosa narrativa. Gustei moito de Periferia por iso é unha alegría traer acó un dos escasos testemuños manuscritos que a autora conserva da novela: apenas uns apuntamentos rápidos que quixo recoller por escrito apenas baixar do avión da súa primeira viaxe a São Paulo, no ano 2008, e que estruturan esquemática e limpamente as claves da devandita novela. Iolanda di que apenas se entende a súa letra “infernal de trazos bipolares”…, eu, ao contrario, compréndoa ben e valoro moito que se incorpore a esta sección: graciñas!