A imaxe, que vén do segregacionismo racial, ben pode valer para o exercicio de políticas que exclúen e afastan a grupos en virtude da raza, o sexo, a relixión, a ideoloxía, discapacidades ou a propia lingua, como vén practicando ese ministro chamado Wert. Fáganse, por exemplo, as equivalencias “white” como “castelán” e “colored” como “galego” e quedará todo moi claro, como ben se podería facer con outros termos. Descorazonador.