Manuscrito: Lucía Aldao

Lucía Aldao enriquece esta sección cun galano como é o  fragmento dun poema que lle solicitaran hai un par de anos para unha revista madrileña chamada Buffalo e que se pode ver abaixo.

      A autora de Unha ducia máis un  pode demorar entre dúas e cinco horas en escribir un poema, isto é, nese tránsito que vai do pensamento ao papel ou ao ordenador e que entende como “un acto de cansazo, de emoción, de necesidade…”, malia que o poema comezara a xestarse moito  tempo antes.

       Lucía Aldao, finalmente,  desvela os seus hábitos da escrita: “escribo pouco e incubo moito. Para que non me traizoe a memoria fago anotacións, claro, e esas anotacións son fillas do seu tempo, pasaron de estar nos  panos de papel, nas marxes dos libros ou no antebrazo (na adolescencia), a formar parte de fermosas libretas. Nos últimos anos atoparon acubillo no ordenador ou, directamente, no teléfono móbil”.