Pier Paolo Pasolini entrevista a Ezra Pound (vídeo)

A través de Open Culture chego a esta gravación que reproduce unha entrevista que Pier Paolo Pasolini lle realiza a Ezra Pound. A conversa  xira arredor do movemento italiano da neoavanguardia, que contaba como integrantes a persoas como Umberto Eco, Edoardo Sanguineti ou Amelia Rosselli. Pasolini evita o que poderían ser espiñentas preguntas de carácter político e segue a conversa  arredor dos pintores italianos dos século XIV e XV e, por suposto, sobre os Cantos Pisanos.