Tráiler 100% CEF

Non me cabe dúbida de que o documental dirixido e escrito por Aser Álvarez constituirá un dos legados máis salientables que este Ano do Centenario de Celso Emilio Ferreiro vai deixar. A emisión do mesmo realizarase este vindeiro mércores, pola noite, na TVG. Por cortesía do director está xa na rede e reprodúzoo aquí como un gorentoso petisco en forma de tráiler.