Lembrando a Celso Emilio no Rúa Restaurante

Tras a intensidade do #recitandocelsoemilio no centro docente no que traballo sumouse á noite un dos encontros nos que este ano participei que resultou dos máis áxiles, satisfactorios e participativos, nun formato pouco habitual  pero moi efectivo como é o diálogo e que logrou xuntar a un público abondoso.  Grazas, pois,  ás persoas que traballan no Rúa Restaurante, especialmente a María Rúa pola súa amabilidade e simpatía. A Alberto Ramos por artellar o propio acto con solvencia e  pola invitación cursada; ao meu amigo  Aser Álvarez polo diálogo construtivo, onte naturalmente feliz pola estrea do seu magnífico documental; ás voces de Xiana Arias, Xabier Xil e Luz Fandiño; tamén as das persoas anónimas que se sumaron á lectura dos versos de Celso Emilio e ao gran Leo, irredutible e extraordinario coma sempre. Non esquezo a Luís Ferreiro, que nos acompañou no enriquecedor debate e na viaxe de retorno, cando Vigo durmía tras unha feliz noite celtista.