Reporteiros, da TVG, coa memoria de Celso Emilio Ferreiro

O programa Reporteiros da TVG emitirá mañá, ás 20.09, tres reportaxes como é adoito. Unha delas centrarase en Celso Emilio Ferreiro no que é unha extraordinaria maneira de concluír unha semana chea de emotivas celebracións na súa memoria. Reproduzo abaixo a nota informativa tirada da web da TVG.

Ademais, “Reporteiros” lembrará este sábado, cando acaba de facer os 100 anos do seu nacemento, a Celso Emilio Ferreiro, un dos grandes escritores en lingua galega, que conseguiu converter libros como “Longa noite de pedra” en referencias da nosa literatura. Entre as súas múltiples facetas, o programa debullará a súa figura política, como poeta comprometido coa esquerda e co galeguismo e cunha mensaxe que para moitos está hoxe máis vixente ca nunca.