Literatura (nos pósters e nas tatuaxes)

Gostei dun par de anotacións que atopei estes días atrás na rede. Unha delas amosa unha colección de pósters que se inspiran  en diversas  frases ou sentenza de celebridades literarias (deixo abaixo unha de Sylvia Plath). A outra expón un repertorio fotográfico de tatuaxes con citas literarias -hai mesmo un blogue que recolle tatuaxes literarias!-algunhas ben ocorrentes (escollín unha d´O principiño e outra d´O vixía no centeo, de Salinger)  [vía flavorwire].