Celso Emilio Ferreiro na TVG (100% CEF e Celso Emilio de onte e de hoxe)

Esta semana pasada a TVG emitiu dous programas dedicados a Celso Emilio Ferreiro de indiscutible interese. Deixo agora, simplemente, os  enlaces para quen lle interese: premendo aquí pódese visionar o documental 100% CEF, escrito e dirixido polo meu amigo Aser Álvarez; e aquí, desde o minuto 28 aproximadamente, pódese acceder á reportaxe Celso Emilio de onte e de hoxe, que se emitiu no programa semanal “Reporteiros”. Aos responsables destas dúas achegas moitas grazas.