recitandoCelsoemiliO no IES Valadares

Un amigo e compañeiro de tarefas docentes, Xoán Gulías, envíame o vídeo que dispuxo coas gravacións realizadas este pasado día 12 de decembro por mor da convocatoria realizada pola Coordinadora Galega de EDNLG  e que gozou dun éxito rotundo. Doulle as grazas aquí polo seu traballo -co son non se poden pedir milagres porque parecen imponderables do espazo-; tamén a Juan Romero polo dominio da cámara e, en xeral, a toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e persoal non docente, sen esquecer a Ana Luna, representante no acto da Gálix e mais a Luís Ferreiro, un membro máis, e benquerido, do IES Valadares.