Manuscritos: Agustín Agra

Gárdolle, el sábeo, moita estima persoal, e abofé que tamén admiración literaria, a Agustín Agra pois, entre outras razóns,  nunha conversa en aparencia intrascendente na súa Noia natal deixoume entrever a relevancia que para quen crea pode encerrar o traballo do crítico.

       Achégase hoxe aquí cun manuscrito rescatado que se corresponde a un diario que adoitaba usar nos seus primeiros anos como escritor pois na actualidade traballa directamente no ordenador. Trátanse dalgunhas notas para o relato “Na Caeira”, que resultara premiado no certame Modesto R. Figueirido na convocatoria do ano 2005.  Naquel relato expresábanse en primeira persoa os asasinos que conformaron o pelotón de fusilamento de Bóveda e nesta páxina aparece un soño dun deles, algunha nota e apuntamentos da lectura de Vida paixón e morte de Alexandre Bóveda que Agra empregou para escribir o relato.   Moitas grazas pola súa achega.