Máis (audiovisuais) do Ano Celso Emilio Ferreiro

Como era de agardar tras o #recitandoCelsoemiliO a rede impulsa agora a difusión viral de numeroso material audivisual, sexa este de filiación escolar ou non, sempre inspirados na celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro. Das ducias que puiden ver estes últimos días reproduzo abaixo tres. O derradeiro correspóndese á creación do grupo musical borderline79, que realiza unha versión excelente e novidosa de “Deitado frente ao mar”. Logo engado un vídeo, dos moitos realizados, polo IES Silleda que me chega vía trafegandoronseis, ese magnífico blogue da miña amiga Gracia Santorum e cos que contribuíu, entre outro material, con enormes doses de  ilusión e talento, a ampliar e difundir a obra de Celso Emilio. E no medio velaí o realizado polos pequenos e pequenas do  CPI A Picota, de Mazaricos. Beizóns a todas e todos.


 

<