Dúas campañas de crowdfunding (Implicadas e Alexandre Bóveda)

Chégame información de dúas campañas de crowdfunding que me suscitan interese e das que gustosamente deixo referencia nesta bitácora. A primeira vincúlase coa denominada “VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria” que organiza Implicadas no desenvolvemento á procura doazóns para custear os carteis e o equipo técnico do devandito festival: unha causa xusta e, evidentemente, solidaria.

     Outra campaña é a que promove Radiofusión e ten que ver coa difusión do pensamento de Alexandre Bóveda, aos cento dez anos do seu nacemento que se celebrarán no vindeiro 2013.  O proxecto persegue a publicación dun volume arredor de Bóveda, optando pola fórmula de banda deseñada, con debuxos de Carlos Sardiña e texto de Pitusa Arias. Premendo aquí pode obterse máis información sobre a campaña (reproduzo abaixo un audiviosual no que a autora e o ilustrador explican as súas intencións).

           Moita sorte a ambos os dous proxectos!