Non son moi proclive ás frases feitas, nin aos refráns nin tampouco ás citas. Con todo, este ano, para desexarvos un Bo Nadal ás persoas, descoñecidas para min ou non, que vos pasades por esta bitácora e que axudades a construílo, parafraseo unha reflexión que atopei de Albert Einstein e que di algo así como que nos momentos de crise só a imaxinación é máis relevante que o coñecemento. Deséxovos, pois, ferrados de imaxinación e tamén o necesario optimismo para afrontar estas datas e o ano vindeiro. Velaquí, vía Everynone, estes “Moments”, que constrúen unha vida, as nosas vidas.