Redelibros, os máis destacados do 2012

Acaba o día de Nadal e descubro na rede, como un agasallo, que Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro foi destacado na categoría “Obra non literaria en galego”. O meu agradecemento a redelibros pola organización desta iniciativa; tamén a quen participaron nas votacións xuntamente cos títulos, autores e autoras finalistas e resto de propostas e persoas galardoadas a quen estendo os meus parabéns.