Castelao, 63 anos despois

Morría Castelao un día coma hoxe hai 63 anos. Fíxoo neste cuarto do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, o número 202, hoxe convertido nun santuario laico que perpetúa a súa memoria, talvez un caso único no mundo. Vaia hoxe un recordo á súa figura e unha evocación para o seu legado literario, artístico e político ao que sempre cómpre volver.