Dez libros dunha década (narrativa e ensaio)

Ao fío da análise valorativa sobre dez anos de letras galegas que incorporei nun apuntamento anterior, tamén o número 500 do “Culturas” solicitoume unha sorte de top 10 dos libros de corte narrativo e ensaístico que viron a luz nesta última década. Reproduzo aquí a escolla que, coma todas, é subxectiva e de certo inxusta por silenciar títulos que ben merecían estar nela. Velaquí sen orde de prioridade ningunha.

NOVELA. Os libros arden mal, Manuel Rivas, Xerais, 2006.

NOVELA. Intramundi, Carlos G. Reigosa, Xerais.

NOVELA. Fantasmas de luz. Agustín Fernández Paz, Xerais, 2011.

ENSAIO. Historia da educación e da cultura en Galicia. Antón Costa Rico, Xerais, 2004.

ENSAIO. De provincia a nación. Justo G. Beramendi, Xerais.

CINEMA + NARRATIVA.  Dúas letras. Fina Casalderrey e  Eloy Varela. Galaxia, 2012.

NOVELA. Cabalo de ouros. Víctor Freixanes. Galaxia, 2010.

NOVELA. Entre fronteiras. Xavier Alcalá. Galaxia, 2004.

NOVELA. Herba moura. Teresa Moure, Xerais, 2005.

NOVELA. A vida nova de madame Bovary, Galaxia, 2008.