Manuscrito: Jorge Emilio Bóveda

O narrador ourensán Jorge Emilio Bóveda, autor entre outras pezas narrativas e ensaísticas d´A vila das ánimas (Toxosoutos, 2010) e mais d´A habitación secreta (Toxosoutos, 2012), confesa que escribe a man, en cadernos ou onde cadre,  <<aforismos, artigos, relatos e novelas>>, mentres que os libros de divulgación polo xeral van construíndose directamente no ordenador.

      Bóveda achégase á sección con  senllos manuscritos: o da esquerda pertence ao libro “Aforismo limitado”, que autoeditou o pasado ano e que conta cunha versión electrónica  de balde na web do autor  (www.jorgeemilioboveda.es), mentres que o da dereita pertence a unha novela inédita titulada Alexandría ou a Disciplina de Osorio. A miña gratitude ao autor pola súa cortesía.