As palabras de auga de Marcos Calveiro no Club de Lectura "Lendo no Galiñeiro" (IES Valadares)

Onte visitounos a figura esguía de Marcos Calveiro para falar de Palabras de auga, libro que non canso de recomendar. O certo é que destes encontros sempre se sae cunha sensación de satisfacción que non son quen de calibrar pois é difícil non redescubrir ángulos nos que talvez non se reparara nese acto íntimo e privativo que é a lectura.

     Calveiro debullou un discurso pragado de referencias vinculadas ao seu libro, loxicamente, mais tamén a elementos que lle serviron para ir construíndo a historia e que gozan dunha actualidade innegable como o coltan, a lingua suahili, o Sahel, a emigración, a violencia, os nenos soldados, o matriarcado e os denominados libros “disney”, nun moi interesante debate porque dá xenio ter tan boas lectoras neste grupo. Grazas a Marcos pola súa visita!