O Courel acolleu onte unha xornada de homenaxe á memoria de Uxío Novoneyra, ao que parece ben sentida e á que non puiden asistir malia que ben quixera. Onte cumpriría tamén o poeta oitenta e tres anos. Vaia, na súa memoria, este manuscrito dotado de forza propia, nesa confluencia magnífica de caligrafía, poesía e semántica: <<Din os sonos i os paxaros: “a morte non é certo”>> (cortesía da Fundación Uxío Novoneyra).
1 Comment
Os comentarios están pechados.