Manuscrito: Modesto Hermida

Coñezo a Modesto Hermida desde hai ben de anos e gárdolle un especial afecto por razóns que teñen que ver tanto por compartir moitas amizades como polas numerosas confluencias no ámbito da investigación literaria galega, entre elas e de xeito moi salientable a que nos une tanto na memoria de Celso Emilio Ferreiro como na de Manuel Lueiro Rey. Non podería tampouco obviar nin o moito que aprendín cos seus traballos académicos nin tampouco a  satisfacción que me produciu, como lector, o seu No fío na navalla, do que escribín algunhas liñas hai tempo que lamentablemente non atopei, pero das que si lembro organizalas a través de dous eixes como eran o rexistro lingüístico excepcional que compartía nos seus poemas -lingua que sabía a pan- por un lado, e a profundidade e emoción da mensaxe daqueles, por outra.

            Por esta e outras razóns gústame que a súa caligrafía estea presente nesta sección cun manuscrito realizado desde as instancias da xenerosidade e da amizade.