Manuscrito: Rafael Laso

Pasou por esta bitácora, hai xa algún tempo, Rafael Laso, por mor da publicación do seu Cartas ao director e hoxe retorna, agora á sección de manuscritos, co bosquexo dunha historia sobre viaxes que vén sendo a primeira páxina dun novo traballo narrativo e á que lle deu forma na sala de espera dun aeroporto.
  Laso confesa que escribe, inicialmente, sempre a man, sendo tamén deste xeito como recolle as ideas “que pasan coma un lóstrego fuxidío pola miña mente e que vexo axeitadas para o que estea a escribir no momento ou poidan aproveitarse para o futuro […] canda min vai unha pequena libretiña para facer apuntamentos, chea de borranchos e chataduras. Ás veces, só unha sinxela palabra ou unha frase”.

1 Comment

Os comentarios están pechados.