Nova sección: Taboleiro do libro galego

Este vindeiro sábado botará a andar unha nova sección baixo o título de <<Taboleiro do libro galego>> que,  coa vontade inicial de manter unha periodicidade semanal, incorporará contidos vinculados coa comercialización e consumo do libro galego e para o que conto coa xenerosa e desinteresada colaboración dun grupo de librarías galegas das que se dará cumprida conta, localizadas en  Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense,  Allariz,  Arteixo e  Compostela; todas elas a converxer  na relevancia que se lle debe outorgar á promoción e difusión do libro de noso. Mañá mesmo, nesta bitácora.