Taboleiro do libro galego (I)

A desinteresada e entusiasta colaboración destas doce librarías de toda Galicia, que arriba se citan e a cuxos responsables lles agradezo a tanto a información como as matizacións que realizaron á iniciativa, son as que fan posible que naza hoxe unha sección que ten como obxectivo, en esencia, contribuír na medida das súas posibilidades á difusión do libro galego, facendo valer un recurso  como é o das listaxes dos libros máis vendidos, obtidas do cruzamento de datos que todas elas  ofrecen  e atendendo maioritariamente á presenza das novidades editoriais.

       Velaí os primeiros resultados dos libros galegos máis vendidos nesta  última semana e que, por operatividade, se clasifican por xéneros.

NARRATIVA

1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.

2º-. A noite branca, de F. X. Fernández Naval, Edicións Xerais de Galicia.

3º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais de Galicia.

4º-. Hora zulú, de Santiago Lopo, Editorial Galaxia.

5º-. Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, de Sechu Sende, autoedición.

POESÍA

1º-. Emily on the road, de Ramón Blanco, Acha Escrava.

2º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, Pen Club.

3º-.  Inflamable, Samuel L. París, Positivas.

4º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.

5º-. Fase de trema, Lorena Souto, Espiral Maior.

ENSAIO-TEATRO 

1º-. Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, de Aurora Marco, Laiovento.

2º-. Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (coord.), Laiovento.

3º-. Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, de Camilo Franco, Biblos.

4º-. Prestige, tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro, 2.0 Editora.

5º-. AGE. A Emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.

INFANTIL-XUVENIL

1º-. Chamádeme Sinbad, de Francisco Castro, Galaxia.

2º-. Dragal III, de Helena Gallego, Xerais.

3º-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO

1º-.  María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.

2º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.

3º-. O cullarapo croque, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso.

BANDA DESEÑADA 

1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

2º-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.

3º-. Persépole, de Marjane Satrapi (tradución de Eva Carrión del Pozo), Rinoceronte Editora.

10 Comments

  1. Nao final engadeste xéneros, que ben! Eu suxiro traduccións, inda que entendo que non é seica o lugar.

  2. Parabéns por esta magnífica iniciativa! Estaba vendo a listaxe e hai algo que me chama a atención, a escasa presenza de mulleres entre as autoras dos libros máis vendidos. Xa sei que é só a lista dos máis vendidos esta semana (pero non todos son novidades) e pode parecer pouco representativo pero se produce nunha sociedade cunha evidente discriminación da muller, aínda e desgrazadamente, da que o sistema literario non parece alleo, como parece lóxico, por outra banda. As mulleres escribimos e lemos, lemos e mercamos libros máis que os homes de feito, entón, non publicamos? non somos promocionadas? non vendemos? estamos nos postos de decisión do sistema literario? Como penso que para mudar as cousas non é bo ver cada manifestación de ausencia das mulleres como anécdotas inconexas, senón pensar na globalidade, quería chamar a atención sobre este feito simplemente para a reflexión.
    Moitas grazas polo teu traballo e grazas tamén as librarías pola súa colaboración!

    1. É moi interesante o que comentas, Iolanda, e agradézoche que fagas estas reflexións neste espazo. Ao fío dos resultados é unha evidencia incontestable a ausencia de libros de autoría feminina nos resultados finais. Sería bo analizalo con vagar porque, en efecto, hai máis lectoras que lectores, tamén entre nós e deseña unha realidade que se debería analizar. Deixo aberto o espazo, por suposto, por se alguén se anima a opinar.
      Mil grazas polas túas palabras.

  3. Eu penso que efectivamente o resultado é pouco significativo xa que pode dar lugar a moitos equívocos, especialmente nesta escasa presenza feminina, É o resultado dunha semán de vendas, que pode ser todo o contrario na próxima semán. Eu sei que no caso de F.X.Naval a primeira edición está esgotada, e están a espera dunha segunda edicción. O que vai significar que na vindeira semán non se venderá. O que quero decir con esto e que pode ser o caso de algún libro escrito por muller e non figura eiquí. O dito é un apuntamento máis a ter en conta.

  4. Pois seguiremos con atención as listaxes das vindeiras semanas aínda que non só para ver se aparecen máis escritoras, claro! Oxalá, de verdade, a semana que vén sexa todo o contrario, sería moi esperanzador. De todos xeitos, como isto acaba de empezar e espero que o taboleiro dure moito tempo poderemos ir vendo a evolución tamén neste eido.

Os comentarios están pechados.