Cumpre cinco anos esa marabillosa realidade que é Espazo Lectura: unha asociación non gobernamental, como é ben sabido radicada en Gondomar, implicada intensamente co mundo da lectura e cuxo principal obxectivo é o fomento e mais a animación á lectura en lingua galega.
Por esta e outras razóns saúdo con satisfacción a nova identidade dixital que acaban de pór en marcha: o seu deseño é impecable e, ademais, resulta unha regalía pasear por ela pois constata a ilusión depositada nesta iniciativa e os excelentes resultados colleitados, malia todas as dificultades, que non son poucas. Convido a a coñecer esta nova web premendo aquí e, abofé, os meus parabéns e os meus desexos de longa andaina.