Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscritos: Yashmina Shawki

Hai case dous anos pasou por esta bitácora Yashmina Shawki por mor da publicación da súa novela Fundación Libélula.

      Hoxe incorpórase a esta sección mercé á reprodución de dúas páxinas dun dos seus cadernos de notas que, ademais, recollen algúns poemas practicamente rematados, único xénero no que escribe a man pois tanto a narrativa como os seus artigos xornalísticos cobran vida directamente no ordenador.

        Yashmina Shawki achegoume unhas feixe de reflexións de inequívoco interese arredor da súas dinámicas creativas que reproduzo a continuación, agradecéndolle a súa cortesía para esta sección.

      “Calquera cousa, persoa ou situación pode  inspirarme unha idea para un personaxe ou historia. Por regra xeral, cando  inicio unha novela teño moi claro os protagonistas e como vai ir a trama pero nunca escribo un guión, deixo que, a medida que avanzo na historia, vaian  xurdindo os personaxes secundarios e as outras historias. Pero iso non obsta para que tome notas con ideas que poden aparecer en calquera momento e, por  suposto, investigue para documentarme.

         Teño por costume traballar en varios libros a vez, guións, novela e ensaio, en galego e castelán, sobre períodos e situacións moi diferentes. Cambio  dun a outro cando a trama ou a inspiración dun se esgota. As veces, deixo a obra madurando durante semanas, meses e, incluso anos. Pero, cando retomo a  historia por segunda vez, adoito a continuar ata rematala. Despois, coma aos  viños, deixo que volva repousar un certo tempo para as correccións  finais. Así que, teño moita obra rematada e sen publicar”.

 

Advertisements

Un comentario en “Manuscritos: Yashmina Shawki

  1. Pingback: Manuscritos: Yashmina Shawki | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 29 Xaneiro 2013 por en Manuscrito , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: