Os manuscritos de Tombuctú

A conservación dos denominados “manuscritos de Tombuctú” converteuse nunha prioridade no seo do conflito bélico que arrostra Mali, ameazados polo fundamentalismo que persegue, coa súa destrución, facer desaparecer os vestixios dun pasado incómodo.  O corpus manuscrito cifrábase nuns  3.000 documentos extraordinariamente relevantes para reconstruír o pasado de Al Andalus e para afondar nalgunhas claves das culturas árabe, cristiá e xudía.

         Seica moitos deles conseguiron salvarse da destrución e semella que mercé á actuación dun bibliotecario e un garda de seguridade. De se confirmar a peripecia moito habería que lle agradecer a Abdoulaye Cissé e Abba Alhadi a afouteza e o seu amor polos libros: son dos que saben que neles se perpetúa a memoria.

1 Comment

Os comentarios están pechados.