Hai case un ano, e un tanto casualmente, tiven a oportunidade de ver unha extraordinaria exposición permanente arredor da vida e obra de José Luís Borges no último andar das Galerías Pacífico, de Bos Aires: un lugar que impresiona polas súas dimensións e no que conmove descubrir uns murais extraordinarios de Manuel Colmeiro.
O edificio acolle tamén un impresionante e dinámico Centro Cultural Borges. Lembrei todo isto cando atopei na rede este magnífico vídeo-poema que comparto aquí.