Prexuízos lingüísticos

Non adoito ocuparme destes temas vinculados coa lingua galega nesta bitácora pero teño para min que esta gravación pode constituír unha ferramenta moi útil para avaliar como están aínda moi vivos os prexuízos lingüísticos contra o noso idioma. A gravación correspóndese á emisión do 17 de decembro de 2012 do programa ‘Pensando en ti’ da Radio Galega, que conduce Alberto Freire. Nun determinado momento unha oínte chama, indignada, para se queixar de que o locutor, vaia ocorrencia a do locutor!, fale en galego. Como se di do porco, non se desaproveita nadiña.

2 Comments

  1. Pois non sabes canto che agradezo este vídeo que descoñecía. Vai directiño a unha actividade que estou facendo cos alumnos chamada 21 Días co galego (21diascogalego.blogspot.com.es).
    Apertas.

Os comentarios están pechados.