A Libraría Couceiro acolleunos onte coa amabilidade que esta casa do libro galego sempre a caracteriza. Ás palabras garimosas de Manuel Bragado e Luís Ferreiro sumáronselle as da miña amiga Chus Nogueira, que fiou un discurso para min moi emotivo e que diseccionou, con moita xenerosidade, o que ela viu en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
Á libraría acudiron moitas persoas, por diversas razóns, moi queridas por min, e outras que descoñezo. A unhas e outras a miña gratitude pola súa presenza.
PD. Mar Mato, xornalista do Faro de Vigo, realizoume unha entrevista ao fío desta presentación. Deixo aquí o enlace que permite acceder a ela. Tamén Manuel Bragado vén de deixar un apuntamento sobre este mesmo acto. Moitas grazas!
Mágoa da ubicuidade. Ben que sentín non acompañarvos.
Apertas
Grazas!