Manuscrito: Xosé Daniel Costas Currás

Achégase a esta sección a pegada manuscrita de Xosé Daniel Costas Currás, autor dos libros Conservas,  Infancia de vacas mortas  e tamén de monicreques, libro que o autor promociona con envexable intensidade desde a súa aparición hai algúns meses. Xustamente deste libro é do que Costas Currás nos ofrece unha mostra manuscrita que se reproduce abaixo.

     O moañés fai as primeiras escrituras nas “separatas das axendas destinadas aos directorios de teléfonos” (como se advirte na primeira fotografía) e, posteriormente “en medios folios escribo case o resultado final”.

    Engádense abaixo, así pois, uns poemas puídos e os medios folios que corresponden aos comezos da escena entre Frida e Diego do libro amentado. A última fotografía incorpora composicións pertencentes á sección “Poemas para Luís Seoane”. O meu agradecemento ao autor por amosarnos os soportes nos que naceu, orixinalmente, o seu libro.