Un agasallo que é un monicrecado

A sección “manuscritos” non deixa de darme alegrías, sobre todo porque posibilita, de portas para dentro, que vaia cada día ampliando máis a fe e a confianza en que temos un extraordinario sistema literario conformado por persoas de carne e óso que son, as máis das veces, igualmente extraordinarias.

       Afirmo todo iso porque Xosé Daniel Costas Currás, a quen non coñezo persoalmente, decidiu en agradecemento a que incorporase uns manuscritos seus, agasallarme co que el denomina un monicrecado, algo semellante a unha caricatura que comparto cos que vos pasades por aquí. Grazas!