No V Congreso Manuel Luís Acuña

Cheguei hai pouco de Trives, onde as entidades patrocinadoras -Concello de Trives, Nova Escola Galega e Universidade de Vigo- organizaron, unha vez máis e ao abeiro da coordinación, tan efectiva coma sempre, de Xoán Carlos Domínguez Alberte a quinta edición dun Congreso de carácter trianual que, á sombra das diversas facetas que a figura de Manuel Luís Acuña proxecta, se converte nun espazo para aprender e reflexionar sobre a docencia, sobre a literatura, sobre a historia e sobre nós mesmos.

     Malia poder pasar, nesta ocasión, apenas unhas horas en Trives, ao que puiden saber foi esta unha convocatoria especial, sobre  todo polas dificultades que se puideron vencer para poder levar adiante un encontro que deita un resultado máis que satisfactorio.

      Fóra doutras sensacións un tanto saudosas, alén de saudar vellos amigos como Xosé M. Cid ou Delfín Caseiro, na foto inferior xunto co alcalde de Trives (á dereita), Aurora Marco e outros participantes e relatores diante da Casa da Cultura, particularmente botei de menos a Ramón Luís Acuña, o fillo do poeta, que finalmente non puido desprazarse desde Madrid, cidade na que vive. Gustaríalle, sen dúbida, presenciar todo o que alí se dixo do seu pai.

1 Comment

Os comentarios están pechados.