"Sábados culturais" da Fundación Premios da Crítica

A Fundación Premios da Crítica tivo a ben convidarme a participar na apertura dos chamados “Sábados culturais” que consistirá, nesta ocasión, na presentación do libro Premios da Crítica Galicia. 35 anos de Cultura.

    Desde aquí vaia o meu agradecemento por por requirir a miña presenza para este acto. Reproduzo abaixo a invitación oficial que recibín xunto coa referencia a outras iniciativas programadas dentro deste ciclo que se celebrarán proximamente na cidade de Vigo.

A FUNDACIÓN PREMIOS DA CRÍTICA GALICIA

comprácense en convidalo/a ao acto de inauguración dos

Sábados culturais

no que se presentará o libro

Premios da Crítica Galicia. 35 anos de Cultura.

O acto, que contará coa participación de

Xesús Alonso Montero, Modesto Hermida García, Ramón Nicolás Rodríguez, Bieito Ledo Cabido e Abel Caballero

terá lugar o sábado, 9 de marzo, ás 12,00 horas,

no salón de actos da Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa, s/nº, de Vigo.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DOS «SÁBADOS CULTURAIS 2013»
– 6 de abril. 12:00 horas  CONCERTO:  Os Caramuxos, Praza da Constitución.
– 4 de maio.12:00 horas  CONFERENCIA: Xesús Alonso Montero, «Compañel, Rosalía e a edición de Cantares Gallegos», Casa Galega da Cultura.
– 1 de xuño. 12:00 horas MESA REDONDA: «As Artes Plásticas». Casa Galega da Cultura.