Manuscrito: Miguel Sande

Miguel Sande, xornalista e escritor, autor dunha abondosa obra poética e teatral, subscribiu tamén dúas interesantes novelas como son Se algún día esta muller morta (2006) e mais A vida fóra (2011). Ofrécenos hoxe dúas mostras que,  polo soporte en que aparecen, resultan toda unha novidade nesta sección.

      Sande escribe sempre “nos xornais ou nos libros (xa editados), só nos que me gustaron. Canto máis me gustan, máis escribo neles. Nada de ordenador ata que os paso a limpo”, ao seu xuízo unha “maneira de darlles vida e valor”.

      Velaí, na foto superior, unha mostra da súa escrita sobre un exemplar d´O vixía no centeo e, a inferior,  sobre unha portada de La Voz de Galicia; textos que pertencen á novela que agora mesmo está a rematar.

1 Comment

Os comentarios están pechados.