Onte celebrouse o 130 aniversario da morte de Karl Marx, que faleceu o 14 de marzo de 1883. Tres días despois da súa morte Engels lería un emocionado discurso sobre o seu amigo no cemiterio londiniense de Highgate.
Hoxe traio aquí un manuscrito do autor alemán que é un primeiro borrador dunha páxina do Manifesto comunista.