A escrita galega, ¿unha literatura invisible?, no Festival CoruñaMayúscula

Desde mañá día 20 até o 24 de marzo celebrarase na cidade da Coruña o Festival CoruñaMayúscula cun intenso programa de actividades, segundo os organizadores para “mostrar a diversidade de formas nas que a palabra se manifiesta na actualidade: palabra lida, palabra papel, palabra electrónica, palabra tecnolóxica, palabra en movemento, palabra visual, mordida e mastigada, palabra en imaxes, palabra ilustrada porque todo, sen dúbida, comezou cunha palabra”.

    Pasarán polo Festival, entre outras persoas, María Canosa, Manuel Rivas, Dores Tembrás, Yolanda Castaño e Xesús Fraga. O vindeiro sábado día 23  estarei no Centro Ágora, xunto con Tucho Calvo e Luís G. Tosar, para participar na mesa redonda “A escrita galega, ¿unha literatura invisible?”

1 Comment

Os comentarios están pechados.