Na Bienal Literaria "De pedra e de palabra". Entrevista no Diario Cultural sobre a pedra en "Longa noite de pedra"

Este pasado venres, 15 de marzo, participei na Bienal Literaria “De pedra e de palabra” que organizou o Centro Pen-Galicia. Ao fío da miña intervención, que versou sobre a simboloxía do termo “pedra” en Longa noite de pedra, Xiana Arias, do Diario Cultural da Radio Galega, realizoume unha breve entrevista á que se pode acceder premendo aquí; nela sintetízanse algunhas das claves da miña exposición. Moitas grazas pola atención á achega que realicei para esta bienal.

2 Comments

Os comentarios están pechados.