Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Elvira Riveiro

No Día Internacional da Poesía achégase a esta sección Elvira Riveiro, quen está de actualidade nos últimos meses pola aparición do seu último, e suxestivo, poemario carnia haikai.

    Ofrece abaixo un manuscrito do ano pasado que é parte do bosquexo dos textos que escribiu exprofeso para un espectáculo que fixo xunto con Carina Posse (Poetic Dj) no que combinaban  poesía, música, vídeo e mais  performance. Segundo afirma Elvira: “os textos eran poemas meus escritos anteriormente en diferentes momentos. Para construír unha historia que lle dese corpo e unidade aos poemas escribín novos textos de enlace que creasen un fío condutor. Este manuscrito corresponde precisamente a eses textos de enlace (un pequeno extracto)”.

      No que atinxe aos seus hábitos de escrita a autora diferencia dúas situacións. A primeira abrázaa “cando a escritura se me impón (non por ninguén, senón ela mesma -a escrita- impón o seu tempo) entón teño que escribir xa: por detrás dun ticket de compra, nunha folla calquera, no ordenador se o teño a man, no medio do traballo (se podo aparcalo un momento…)” e a segunda derívase de cando “eu mesma me impoño escribir (polas razóns que sexan) procuro un cuarto onde estar soa, sen ruído, sen música, rodeada de libros (algúns de referencia), onde ninguén me moleste, nin me fale sequera. A escrita será entón no ordenador directamente ou primeiros bosquexos en follas recicladas ou de caderno e versións definitivas, novamente corrixidas varias veces, no aparello de marras…”.

      Velaquí o manuscrito e a miña gratitude a Elvira Riveiro pola súa colaboración.

Advertisements

Un comentario en “Manuscrito: Elvira Riveiro

  1. Pingback: Manuscritos: Elvira Riveiro | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 21 Marzo 2013 por en Manuscrito , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: