Convidoume a organización do Festival CoruñaMayúscula a formar parte dunha mesa redonda baixo o título d´A escrita galega, ¿unha literatura invisible?, na que me acompañou Tucho Calvo e que se desenvolveu no Ágora coruñes, o serán deste último sábado.
O certo é que a experiencia foi moi grata por coñecer tanto estas espléndidas instalacións culturais como ao coordinador do Festival, Pedro Ramos, e mais tamén por poder partillar as miñas impresións sobre o tema que nos convocaba, defendendo a tese de que a nosa non é unha literatura invisible por algo tan palmario como é a súa existencia desde os tempos dos trobadores medievais ata hoxe. Antes ben preferín falar dela como literatura invisibilizada, como esa “estranxeira na súa patria” da que falaba Rosalía e que ocupa espazos subsidiarios cando o seu lugar debería ser outro, analizando algúns dos muros que coutan a súa natural vizosidade, pluralidade e innegable vigor. Grazas pola oportunidade.
[Con este apuntamento o Caderno da crítica fai unha breve paréntese por necesario descanso do persoal que o alimenta. En sete días estará de novo operativo. Grazas e ata daquela.]
Feliz descanso, grazas por facer visible o invisible!