Celso Emilio Ferreiro alampea, tamén nos premios Mestre Mateo

Alegreime do éxito que colleitou onte o documental CEF 100 %  na gala de entrega dos premios Mestre Mateo, onde resultou galardoado na categoría que concursaba. É de lei recoñecer o bo  facer e a  paixón  que  Aser Álvarez depositou nun proxecto que tiven a fortuna de ver como  ía collendo forma desde os seus comezos. Aser soubo contaxiar vitalismo e optimismo, con convicción arraiana, a todas as persoas que colaboraron, dun ou doutro xeito, no documental e velaquí un dos seus froitos.

    Penso que este é un traballo con moi longo percorrido e que pode significar un impulso para  outras cousas que poden vir detrás. O espírito heterodoxo e iconoclasta que pairaba na concepción do documental, isto é, facer un pandeiro de Celso Emilio Ferreiro, resultou unha extraordinaria iniciativa: a memoria do poeta segue a alampear cen anos despois do seu nacemento. De novo, parabéns!