Acaba de se facer público que Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle, e mais Álvarez Torneiro, polo poemario Os ángulos da brasa, foron galardoados cos premios da crítica na modalidade de lingua galega. Nas deliberacións do xurado, celebradas en Ponferrada, foi o crítico Xosé Manuel Eyré quen participou como representante da Sección da Crítica da AELG. Os meus parabéns para os galardoados.
1 Comment
Os comentarios están pechados.
Obrigada, Nicolás. Os teus parabéns a Torneiro son tamén meus. Un bico