Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas. Nesta ocasión constátanse algunhas mudanzas como se pode advertir na sección de “narrativa” onde igualan no primeiro posto das ventas os títulos En vías de extinción, de M. Reimóndez, xa publicado hai algúns meses e que parece coller novos pulos, e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa. Asemade, destaca a irrupción dalgúns títulos ensaísticos novos ou A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, que entra con forza na categoría de álbum ilustrado ou infantil, onde tamén podería estar situado.
NARRATIVA
1º-.En vías de extinición, de María Reimóndez, Edicións Xerais e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de X. Mª Lema, Edicións Xerais.
4º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
5º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
POESÍA
1º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, Pen Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, Caldeirón.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
3º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
4º-. Estilística da lingua galega, de X.R. Freixeiro Mato, Edicións Xerais.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Amor de serea, de S. Jaureguizar, Edicións Xerais.
2º-. Dragal III, de Helena Gallego, Edicións Xerais.
3º-. Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Sinbad, de Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
3º-. A que sabe a lúa?, Michael Grejniec, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy / Miguel Fernández, Demo Editorial.
LECER E OUTROS
De roda en roda. Música e danzas do mundo, de VV.AA., Galaxia.
4 Comments
Os comentarios están pechados.