Manuscrito: Paco Souto

Achégase hoxe a esta sección o poeta Paco Souto, a quen vinculo -e non son o único- con aqueles tempos das saudosas  Ediciós do Dragón.  Ofrece aquí un texto manuscrito dunha exposición chamada “lugar de incendios” que acolle doce poemas manuscritos seus e mais doce partituras orixinais e autógrafas do pianista Serxio Moreira, alén doutra ducia de ilustracións tamén da súa autoría (déixase mostra aquí dunha ilustración, un poema e mais unha partitura musical).

Paco Souto confesa que se enfronta diante da folla en branco de maneira diversa: “ás veces como un traballo onde todo é medido á micra, sobre todo cando teño un tema ou mesmo música á que cinguirme, mais polo xeral, acontece unha certa inconsciencia -penso en especial n’as árvores do incesto e como xa estaba o libro case escrito cando me decato de que de certo hai libro- todo o contrario acontece con as horas de María onde hai unha supervisión estrita desde os primeiros versos”.
No que se refire ao poema sinala que é “partidario da verborrea libre como materia e logo aprender a tachar. Tachar é o verdadeiro traballo do poeta, espremer, torcer. Recuperar o valor último -strictu sensu- das palabras”.

2 Comments

  1. Lembro eu de Paco un manuescrito no que convertía un borrancho nun fermoso peixe no medio do texto.
    Un pracer o reencontro coa súa grafía!
    Apertas

Os comentarios están pechados.