Manuscrito: Silvia Penas

Silvia Penas resultou hai pouco tempo galardoada na primeira edición  do premio que leva o nome de Lueiro Rey organizado polo concello de Fornelos de Montes co poemario As uñas crecen. Hoxe trae a esta sección de manuscritos a mostra dun poema que non viu a luz en ningunha publicación aínda que si o recitou nalgunhas ocasións.

En canto aos seus hábitos de escrita sinala que “mudan segundo o momento no que me atope e as posibilidades, pois nun 70% das ocasións escribo directamente no ordenador”. Con todo, nas ocasións que non dispón del: “escribo a man, normalmente en folios xa usados, escribo polo reverso, e coa folla sempre dobrada, se non me cabe, antes de coller outro folio, escribo polas marxes, ou incluso sobre o xa escrito, e milagrosamente, enténdoo. Cando despois o mecanografo adoito facer moitísimos cambios, de maneira que o texto final parécese, ás veces, ben pouco ao primeiro manuscrito”. Moitas grazas á autora viguesa pola súa colaboración.

 

1 Comment

Os comentarios están pechados.